Moradiña, empresa pesqueira desde 1981, fornece peixe conxelado a fábricas e distribuidores dentro e fóra de España. Traballamos cunha gran variedade de especies de peixe conxelado como Fletán Negro, Platuxa, Raias, Coreano, Granadero, Can Riscado, Cabra, Pescada, Rosada, Pota, Lura, Bertorella, etc.
Os nosos buques aplican a tecnoloxía do conxelado nos produtos da pesca para poder comercializalos nas mellores condicións. Grazas á unha ampla experiencia no sector e ao permanente traballo de investigación realizado na nosa frota durante anos, conseguimos unha calidade final que nos convirte en pioneiros en tratamento de peixe, capaces de satisfacer as demandas dos nosos clientes e ofrecerlles as mellores solucións, á medida das súas necesidades. “Praia de Sartaxens”, “Praia da Cativa, “Praia de Menduiña Dos”, “Eirado do Costal” e “Santa Mariña”, son os cinco arrastreiros conxeladores que actualmente pertencen á empresa e pescan principalmente nos caladoirs de NAFO, Mar Irminger, Hattom Bank e as illas Malvinas.